O porto de Celeiro, un dos máis importantes de Galicia, convértese anualmente no escenario onde se rende homenaxe á raíña das súas capturas: a pescada do pincho. Dende finais dos 90, cada mes de xullo , a lonxa acolle a degustación deste peixe capturado de xeito tradicional con anzol. Durante a xornada festiva repártense máis de 2000 racións de pescada nun evento no que non falta a boa música.e a tradicional queimada..
Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.