Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Festa dos Muiños reúne un bo número de festas gastronómicas que non debes perderte, sobre todo a sobremesa coñecida como sopas de burro canso.

Muiños ofrécenos un completo menú coa festa O galo pica no chán e becerro ao espeto.

O acto central celébrase no polideportivo de Muiños. Pero tamén se pode gozar dunha programación para todos os públicos con concursos de música, manualidades e carilanas.

O que non podes perder:

Goza dunha sobremesa tradicional composta por viño, azucre e pan relado; Sopas de burro canso.