Os establecementos hostaleiros de Cervo organizan anualmente un encontro que enxalza este produto do mar poñéndoo en valor a través de diferentes formas de preparación. Durante a festa organízanse degustacións nunha carpa e nos propios locais de hostalería, realízanse showcookings e un concurso gastronómico co ourizo como protagonista. A verbena a cargo de orquestras pon o broche a unha celebración que anticipa a entrada da primavera na Mariña.