As Festas do Setembro son en honra a San Cibrán, patrón da vila. Os festexos prolónganse durante cinco días con cada unha das súas madrugadas, practicamente sen tregua. Grupos de gaitas, bandas populares de música, orquestras, charangas, actuacións estelares, fogos de artificio, atraccións de feira e competicións deportivas, entre outras actividades,  cambian a paisaxe do Carballiño, mesmo a súa fisionomía rueira, sen deixar físgoa á monotonía.

Nos días centrais -a feira do 16 e a festividade de San Cibrán do 17- prodúcese a maior concentración de actividades e de xente. Atraen a atención,  sobre todo, as sesións de lume e as actuacións dos grupos e cantantes de moda, sempre pola noite na Praza Maior e Praza do Emigrante.