Trátase das festas patronais por excelencia da vila de Foz, cuxa poboación se multiplica en agosto grazas á afluencia de viaxeiros que fan escala na localidade e que acoden a este multitudinario encontro amenizado por orquestras, pasarúas, batukadas e grupos folclóricos e durante o que ten lugar unha feira de mostras e torneo de fútbol.