As Festas do Cristo, un dos patróns do municipio do Barco, son as máis populares da comarca e celébranse en torno ao día 14 de setembro. Nelas ten lugar o Descenso do Sil en piragüa, unha proba deportiva que cumpriu xa os cincuenta anos de vida.
Durante 5 días, o Barco énchese de música e festa, no evento máis importante do concello. Están marcadas polo día grande, o día 14 de setembro, no que se celebra a misa e procesión en honra a Cristo Nazareno.
Pero as festas están cheas de actividades paralelas -con numerosas actuacións musicais, pasacalles e cabezudos por toda a cidade- durante unha semana na que o municipio vístese de gala. É tamén moi popular a Milla urbana, un evento deportivo da modalidade de atletismo, que chega xa ao seu trinta e cinco edición. Tamén outras citas como o Pregón ou o tradicional Madrugón, teñen gran aceptación e multitude de público asistente.
O evento máis destacado das festas é o Descenso Internacional do Sil, unha proba deportiva da modalidade de piragüismo e organizada polo Concello do Barco de Valdeorras, que conta cunha longa traxectoria que sitúa a este evento deportivo como un dos máis tradicionais de Galicia e dos máis antigos de toda España.
O Descenso do Sil – que se celebra sempre o sábado das Festas do Cristo- ten a saída ás 18:00 h. en Sobradelo e a meta no Paseo do Malecón do Barco despois de remar unha distancia de 7,5 km nos que se combinan zonas de rápidos intensos con pequenos tramos de augas tranquilas. Más dun centenar de padeeiros profesionais de todas as idades realizan este percorrido en competición como proba oficial pero o evento tamén conta con unha parte máis lúdica no que poder realizar o percorrido polo río de forma divertida para non profesionais. É tamén típico utilizar o “Tren Fluvial”, que pode collerse de forma gratuíta na estación do Barco e que transporta aos espectadores ata a saída en Sobradelo para realizar a volta ao Barco, facendo paradas para observar o percorrido das piragüas e amenizado con charangas musicais.