Fronte e Verso convida a unha mirada prismática, a unha perspectiva cruzada, partindo da premisa de que coexistimos no mesmo tempo -somos contemporáneos- e por tanto preocúpannos temas similares, que abordamos utilizando narrativas e vocabularios que resultan deste mesmo contexto histórico.

Hide to Seek pretende pensar a máscara como a cristalización dunha expresión, estado de ánimo ou (ide)entidade, pero tamén como a posibilidade de (des)identificación para a emerxencia dunha corporalidade distinta. Nun tenso e ritual xogo do agocho, o corpo redefínese con cada xesto, deixándose transformar polos seus sucesivos reposicionamientos. Búscase un diálogo claro entre unha forma estanca e outra alterable, entre o singular e o colectivo, que permita imprimir a máscara no rostro e invocar a alteridade no corpo.

Hide to Seek, de Júlio Cerdeira, e Limbo, de Victor de Oliveira, son os espectáculos seleccionados para Fronte e Verso 2025, pola forma en que exploran a expresión ou ocultación da(s) identidade(s), como ferramenta de transformación ou lugar de incerteza e ansiedade.