A cidade de Mondoñedo revive anualmente o seu esplendoroso pasado nun dos mercados medievais pioneiros de Galicia. Nesta fin de semana, as rúas énchense de animación de época, postos de artesanía e de produtos gastronómicos, convidando ao visitante a realizar unha verdadeira viaxe no tempo e mesmo atoparse con personaxes da época como o Mariscal Pardo de Cela.

Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.