Celébrase coincidindo coa Ponte da Constitución. Os establecementos de hostalería sarriáns elaboran exquisitas tapas.

Durante os días que dure o concurso pódense degustar as propostas gastronómicas creadas polos hostaleiros da localidade en horario de 20:00 a 23:00 horas, como mínimo, a un prezo reducido. Ademais, algúns participantes incluso elaborarán tapas para os máis pequenos, aínda que estas creacións non participarán no concurso.

Para votar as mellores tapas e entrar no sorteo de agasallos, os clientes deberán visitar un mínimo de 15 establecementos recollendo o selo correspondente nas súas tarxetas. Ademais, os que completen o percorrido polos 19 locais tamén participarán no sorteo dunha viaxe.

O xurado popular elixirá así as seis tapas finalistas cos seus votos, que posteriormente serán probadas por un xurado profesional para decidir as tres mellores entre todos os participantes.