Estas termas están situadas na localidade de Prexigueiro, a tan só 5 km da localidade de Ribadavia. As termas están nun entorno natural rodeado de bosques e contan cunha antiga edificación reconstruída para tal fin.
Teñen un circuíto termal ao aire libre de cinco baños de auga quente chamado “Kumano Kodo” cuxo nome fai referencia ao camiño de peregrinación xaponesa, cada baño termal ou “Rotenburo” ten o nome dun dos templos xaponeses que forman ese camiño de peregrinación.
Ademais destes baños de auga quente, hai un SPA e dúas piscinas de auga fría. No interior do edificio practícanse unha serie de masaxes e tratamentos en jacuzzis, vinoterapia, chocolateterapia, tratamentos de algas… Tamén conta con recepción, cafetería e terraza.
As súas augas son bicarbonato-sódicas e sulfurosas. Mesotérmica a 41º cun caudal de 2l./seg.