Ourense ten un recurso natural excepcional: a auga termal. A cidade recibe o nome de Capital Termal, e como tal acolle a celebración da feira máis importante de Turismo Termal do noroeste. A súa sempre presente relación cos países veciños e con Latinoamérica, a convirte nunha feira internacional coa participación de profesionais de máis de 30 países. Este ano alcanza a vixésimosegunda edición cun Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, workshops, cata de augas e expositores que amosan ao público en xeral as potencialidades turísticas do sector termal e de benestar.