Dende hai 27 anos, esta festa gastronómica celébrase no entorno do complexo náutico, no campo do Barral, parroquia pertencente ao Concello de Castrelo de Miño. Todos os anos a principios de agosto (en homenaxe á “á Virxe das Neves”) ten lugar a Festa da Anguía, moi ligada ao medio xa que xa era abundante nas súas augas antes da construción do seu encoro.
Durante tres días, tanto visitantes como veciños poderán degustar, por un pequeno prezo, a anguía da comarca preparada de diversas formas e acompañada dun bo viño de Castrelo e empanada.