A fundación da Santa Casa da Misericordia de Bragança debe datar do ano 1518 e “foi fundada sobre unha igrexa dedicada ó Espírito Santo” (que deu nome á rúa). O templo foi reconstruído en 1539, para servir de igrexa da Misericordia. A finais do século XVII, o altar maior estaba dotado dun valioso retablo manierista (coa figura central da Nosa Señora da Misericordia). Nunha capela anexa pódese adimirar una fermosa imaxe do Señor dos Pasos, de finais do século XVIII). O revestimento de azulexos da parte frontal é da segunda metade do século XIX.