Segunda obra relixiosa do arquitecto Antonio Palacios despois do Templo do Voto do Mar en Panxón. O templo comezou a construírse en 1943 cando o párroco Evaristo Vaamonde encargou a Palacios a realización do proxecto. Morrería sen chegar a ver o seu traballo rematado , 2 anos despois. En 1952 abriuse o templo para o culto, aínda coa torre en construción, que estaría rematada en 1957.
Non podemos destacar un estilo específico na súa arquitectura, xa que se trata dunha fusión de diferentes formas arquitectónicas con influencias que proceden dos deseños de pazos, mosteiros, catedrais, igrexas e castelos.
No seu interior gárdase un suposto anaco da Cruz na que Cristo foi crucificado. Un agasallo chegou de Terra Santa en 1901, do Patriarca de Xerusalén Monseñor Ludovico Piave. Esta reliquia estivo en poder do Sumo Pontífice Pío IX nos últimos meses da súa vida.