A comezos do mes de xullo hai unha cita inesquecible no concello, o mercado templario do Burgo do Faro. Durante unha fin de semana, no paseo marítimo do Burgo, revívese o medievo. A poboación do Burgo de Faro toma vida de novo. Un gran número de postos, personaxes medievais, pasacalles e demais espectáculos agardan por todo aquel que se atreva a viaxar no tempo e converterse, durante un tempo, en habitante do medievo.

A orixe desta festa trasládase ao século XII. Segundo diversos documentos, o chamado Burgo de Faro estivo presente na Idade Media no que hoxe coñecemos como O Burgo e O Temple. Lugar medieval no que os templarios se asentaron e contribuíron á súa prosperidade, ata que comezou o seu declive.

Dende a súa primeira edición, no ano 2008, está continuamente aumentando a súa “poboación”. Anímate a ir, paga a pena!