Ourense é, por definición, a provincia Termal, xa que é o territorio con maior potencial termal de Europa. Os diferentes recursos termais da provincia están espallados por todo o territorio, conformando unha gran rede de termas e balnearios que se combinan co enorme patrimonio e potencialidade natural da provincia.
Ademais do turismo termal, a provincia de Ourense caracterízase polo seu enorme potencial vitivinícola, xa que alberga catro denominacións de orixe (Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras), contribuíndo a dotar a Ourense dun sector primario forte e diverso. Ademais das termas e o viño, Ourense conta cun gran patrimonio arquitectónico e natural, destacando como exemplo a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Ourense conta ademais coa única estación de esquí de Galicia en Cabeza de Manzaneda, sendo ademais unha provincia de referencia a nivel europeo no ámbito dos deportes acuáticos grazas ao Parque Náutico de Galicia situado en Castrelo de Miño.