O penúltimo domingo de agosto, Meira revive un dos oficios máis tradicionais do campo galego: a malla. Durante a xornada ponse en funcionamento unha antiga máquina que separa a semente do cereal de trigo da súa palla, á vez que un grupo de persoas da localidade fan as “ medas” de palla. Esta recreación acompáñase actualmente con música tradicional e unha comida popular.