O sábado posterior ao 21 de agosto, as rúas de Chantada poñen escenario a un vistoso desfile de carros tradicionais tirados por vacas e engalanados para a ocasión. Toda unha homenaxe ao rural galego e a unha época previa á mecanización dos traballos agrícolas que reúne grupos de amigos e familias enteiras que aseguran o relevo xeracional nesta cita imprescindible do verán galego.